venres, 30 de abril de 2021

MÁIS BECHOS EN 6°

Ola familias!! Esta semana seguimos investigando máis cousiñas sobre os BECHOS! Polo que as cinco propostas foron as seguintes:
Crear o noso propio becho! Fomentando a creatividade!

Coñecer as partes da formiga e completalas no debuxo.

Xogo de copiar o patrón. Fixámonos nas cores do debuxo ou nas palabras das tarxetas e na nosa tarxeta tiñamos que colocar o animal correspondente.

Montar crebacabezas de bechos fixándonos no número ou formando a palabra do becho!

Facer unha lista dos insectos que voan e os que non.

Ademais das propostas, desfrutamos facendo algunas actividades como por exemplo:
Xogar coa táboa do 100: quitaban un número e o compañero tiña que adivinar cal foi ese número que desapareceu. Despois colocaban as decenas e as unidades que o forman.

Traballamos a lectoescritura e a lóxica matemática con xogos de bechos na pizarra.
Xogamos a un xogo de intentar adiviñar que pon na tarxeta. Con axuda conseguimos leer algunas palabras primaverais.
Coñecimos un material novo que é parecido a plastilina de barro pero que cando seca queda duro. Utilizámolo para deixar pegadas dos insectos e co que sobrou elaboramos bechos e insectos.
Seguimos xogando aos dados de contar historias. Encántalles!
Seguimos traballando a conciencia fonolóxica a través sin xogo de emparellar a imaxe pola letra pola que comeza.
Ademais cambiamos un recuncho!! Como novidade esta semana teñen animais que deben meter no caixón da letra pola que comeza.
Que teñades unha boa fin de semana e vémonos o luns!

Ningún comentario:

Publicar un comentario