ACTIVIDADES DOS ÚLTIMOS DÍAS NA AULA DE 3 ANOS
Na aula de 3 anos seguimos a xogar cos nosos nomes. Estamos moi motivados, atopamos as nosas letras por todas partes!!
Xogamos cos bloques lóxicos, os manipulamos, os clasificamos, facemos representacións na mesa de luz... Ademáis xa sabemos que o único que non ten esquinas é o círculo, xa que é o único que pode rodar. Aproveitamos estes xogos para repasar as cores.
Tamén aproveitamos algúns momentos para ensuciarnos un pouco...
Adentrámonos no mundo dos xogos de mesa cun novo xogo que chegou á aula "El frutalito", así aprendemos a seguir as normas, respetar turnos, cooperar...
E isto é todo polo momento, tedes uns nenos/as moi traballadores!! Ata a próxima!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario