Esta semana, como xa é habitual na nosa aula, seguimos coas propostas!! Aparte de facer moitas actividades máis!
Na primeira proposta tiñan que pintar unha folla da mesa de outono. Podían facelo con témpera e de forma libre. Despois colocamos estas obras de arte na ventá da aula, xunto coas árbores que fixemos semanas anteriores:
A segunda consistía en contar castañas facendo sumas! Elexían dous números de madeira e os colocaban nos cadros das sumas; despois colocaban o número de castañas debaixo do número correspondente y finalmente contaban o total para escribilo!
Na terceira proposta debían realizar un puzzle unindo a letra coa imaxe correspondente. Nesta mesa tamén repasamos a letra "e" en minúscula para mellorar o seu trazado!
Empezamos a traballar as simetrías para unha mellora da súa lateridade, polo que na cuarta proposta debían completar a metade que faltaba e realizar un cadro de doble entrada sobre formas xeométricas!
Para traballar a lectoescritura esta semana, utilizamos a ruleta de letras e números que temos na aula. Na última proposta debían tirar a ruleta e escribir palabras que comezaran polas letras que lle ían tocando. Despois facían un debuxo de todas as palabras que conseguiron escribir!
Ademais das propostas, como todas as semanas, tamén temos tempo de facer moitas actividades!
Volvimos a realizar un taller de froita de tempada. Nesta ocasión tocoulle o turno ao kiwi e a pera e cada un cortou o pedazo de froita que ia comer. Aproveitando o bo tempo e o moito que nos gusta facer actividades ao aire libre, fixemos un picnic merendando esta froita tan rica!
Estivemos repasando as formas xeométricas utilizando a mesa de luz! Gustoulles moito ver estes conceptos de forma tan motivante! Despois tamén houbo tempo para realizar torres e xogar con imáns e círculos de cores facendo agrupacións!
Practicamos a lectoescritura utilizando a pizarra dixital da aula!
Retomamos a actividade do curso anterior dos dados contahistorias que tanto lle gusta! Empeza a profe contando unha historia coas imaxes que lle tocan e continuan eles facendo cada un unha historia diferente! Desta forma traballamos a linguaxe, a expresión, o vocabulario e fomentamos a imaxinación!
Fixemos as xa nosas habituais sesións de ioga e xogos de mesa!
Hoxe día 20 de novembro, foi o día da infancia! Falamos do tema e vimos un video para que coñezan a que teñen dereito todos os nenxs e o importante que é que todxs os teñan! Ademais fixemos uns debuxos relacionados con estes dereitos!
Que teñades unha boa fin de semana!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario