venres, 27 de novembro de 2020

ÚLTIMAS PROPOSTAS DE NOVEMBRO EN 6º DE E.I.

Esta semana foi especial porque tivemos un aniversario e porque foi a última semana antes de comezar coa preparación de nadal!!

Na primeira proposta utilizamos as mazorcas para realizar unha obra de arte de outono. Para iso utilizamos as cores de outono e deixamos voar a imaxinación!! Foi moi divertido!


Xogamos a ser detectives e na segunda proposta debían descifrar unha mensaxe secreta! Para iso tiñan que observar os debuxos e poñer a inicial de cada un para asi formar unha palabra!! 

Seguimos traballando as decenas e coas casiñas! Na terceira proposta tiñan que completar unha táboa sobre o número cinco, na que se traballaba principalmente o número anterior e posterior, a agrupación con paos e a distribución do número 5 na casiña!

Na cuarta proposta seguimos coa lectoescritura e debían completar unha táboa tendo en conta cal era a vogal pola que comezaba esa palabra (representada mediante debuxo).

E para finalizar, seguimos có traballo das simetrías, polo que a última proposta consistía na elaboración dunha simetría utilizando as regretas da aula!

Outras actividades que realizamos foron:

Rematamos actividades que non fixemos o curso pasado de completar números con boliñas de papel de aluminio:
Practicamos as letras minúsculas en area:
Traballo da motricidade a través dun xogo. Tiñan que coas pinzas colocar cada bola na súa cor correspondente do taboleiro para completar un debuxo. Despois cunha culler debían coller estas bolas e colocalas no seu lugar correspondente! Contamos cantas había de cada cor.
Traballamos o 25 de Novembro a través do conto "Rosa Caramelo". Falamos da importancia da igualdade e que non hai xoguetes de nenos ou nenas e pintamos un elefante multicor!


Deixamos voar a nosa imaxinación e montamos legos!
E ademais, seguimos traballando có proxecto. Coñecimos o que son as cunchas de vieira e o significado importante que teñen no camiño de Santiago. Fixemos unha búsqueda de información e ademais vimos todos os elementos que levaban os pelegríns! Aprendemos moito vocabulario novo e vimos ese vocabulario en galego! Tamén puidemos ver unha cuncha de vieira e tocala!
Que teñades unha boa fin de semana!

Ningún comentario:

Publicar un comentario