sábado, 6 de marzo de 2021

A CLASE DE 4 ANOS

 Esta semana traballei bastante co proxecto do Camiño de Santiago. A verdade e que reultou moi productivo. Deixovos algunhas actividades desta semana. Espero vos gusten.

SOMOS PEREGRINOS.

Fixemos un traballo co traxe de peregrino. Logo sacamos unha foto co gorro de peregrino. Están moi guapos.👏👏

DEBUXANDO O CAMIÑO.

preparamos un camiño a Santiago e logo cada un colocouse nel.😄


COMEZAMOS CO PRÍNCIPE e

Comezamos a traballar a minúscula e, quixen facer un vídeo do traballo  que se realiza na mesa relacionado coas fichas. Esta en concreto é de grafomotricidade para axudar a facer o trazo da minúscula e.

VISITA Á BIBLIOTECA

Esta semana subimos un día á biblioteca, puidemos coller uns libros para o péstamo.



Levaron moi contentos o libro para ler na casa.



XOGO DAS VOGAIS.
Saímos fora para xogar coas vogais. Estaban as letras todas colocadas no chán, eu dicía unha e tiñan que buscala e colocarse ao lado. Había varias de cada vogal.


TÉMPERA
O traballo coa pintura non pode faltar. Gústalles moito.


XOGO DE NÚMEROS

Xogamos tamén cunhas tarxetas de números. Tiñan que colocar unha pinza no número correspondente sugún a cantidade. Fixéronno moi ben.




Ningún comentario:

Publicar un comentario