Ola familias! Esta última semana do segundo trimestre aproveitamos para facer as seguintes propostas relacionadas con ovos de pascua:
Unir cada ovo co seu número:
Tiñamos un ovo con letras maiúsculas e debían escribir as letras minúsculas nun gomet e colocar cada unha delas encima das maiúsculas:
Decorar un ovo de pascua. Tiñan que recoñecer os círculos e pintalos con témpera utilizando un bastonciño.
Realizar unas sumas de ovos. Pero tiñan que fixarse que número tiñan que colocar encima de cada un.
Recortar ovos de pascua. Pola metade de cada un había unhas formas para recortar e practicar coas tixeiras. Despois tiñan que unir cada metade e pégalas nun folio.
Ademais fixemos alguna actividade mais coma por exemplo...
Gozamos da mesa de luz. Tiñamos que buscar na lámina os elementos relacionados có Camiño de Santiago que aparecían más tarxetas. Traballamos desta forma a atención.
Fixemos arte cós pés. Aproveitamos e utilizamos as cores da primavera e fixemos as nosas pegadas no Camiño de Santiago.
Realizamos un ovo de pascua unindo os números e despois decoramos.
Traballamos a atención coloreando un debuxo pintando os números da cor que nos indicaba.
Aproveitamos o bo tempo para xogar e facer xogos de mesa al aire libre.
Realizamos unha manualidade para meter ovos de pascua.
E para rematar a semana participamos na búsqueda dos ovos. Antes de facela contamos cantos había, escribimos o número no chan e vimos as decenas e as unidades que o forman. Ao rematar a búsqueda repartimos a partes iguais e desfrutamos comendo os ovos que sobraron ao aire libre.
Que teñades unhas felices vacacións!! Vémonos a volta!
Ningún comentario:
Publicar un comentario