venres, 26 de marzo de 2021

A clase de 5º de Educación Infantil

 Ola familias!!! rematamos o segundo trimestre con actividades diversas. Aquí vos deixo algunha mostra. Vémonos á volta. Boas vacacións!!!

BONECO DE NEVE

A portada para levar as fichas foi un boneco de neve, como remate do inverno.

XOGO DE ATENCIÓN

Nun mural de primavera tiñan que localizar diferentes obxectos. A través deste xogo foméntase a atención.



BLOQUES LÓXICOS
Xogo ao exterior cós bloques lóxicos. Clasificación das figuras.


XERMINACIÓN DUNHA SEMENTE
Esta semana seguimos a traballar coas sementes, neste caso fixemos un traballo relacionado.


INICIACIÓN Á SUMA
Estou xa iniciando a suma. Aproveitando os ovos de Pascua estivemos a facer unhas sumas sinxelas.
 En xeral moi ben. 


MANUALIDADE PASCUA



Para rematar o día , baile....
FELICES VACACIÓNS!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario