sábado, 27 de marzo de 2021

 AULA DE 3 ANIÑOS

Esta última semana na aula de 3 aniños adicámonos a preparar a chegada da primaveira:

- Decorando as bolsas e as portadas 

- Chegaron á aula un montón de bechos e estamos aprendendo moi ben os seus nomes.

ARTE!!

Primeiro pintamos a herba cun pincel, despois estampamos o centro das flores con medio limón e por último decoramos os pétalos cos dedos e coas cores que máis nos gustan. Ahí van algúns exemplos:



 









BECHOS!!
Coñecemos ós novos bechos que chegaron á aula, aprendemos os seus nomes en galego e castelán e asociamos cada becho coa súa tarxeta.
Ademáis xogamos coas súas sombras intentando asociar cada becho coa sombra que lle corresponde.
Por último gardamos os bechos na nosa nova mesa de experimentación e os observamos coas lupas. 






Xa estamos desexando que cheguen novidades nas próximas semanas!!

Que teñades unha boa semana familias. Vémonos á volta!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario