venres, 19 de marzo de 2021

 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

Boas familias! Últimamente estivemos traballando moitísimo, sobre todo de forma manipulativa, que é o que máis nos gusta e como mellor aprendemos. Por aquí vos deixo algunhas imaxes do que fixemos.

Asociación número-cantidade coa nosa nova balanza de rás. Descubrimos que o número 1 é o que menos pesa e o 10 é o máis pesado. Fixemos dúas actividades:

- Primeiro asociamos número-cantidade coas tarxetas.

- Segundo, comprobamos as asociacións na balanza.





Ampliamos vocabulario do proxecto de centro "O camiño de Santiago" a través da asociación de diferentes imaxes coas súas sombras.


Xa sabemos que para facer o "Camiño" temos que seguir as sinais amarelas que atopemos ( frechas ou cunchas). Aproveitamos este recurso para desprazarnos no espacio e traballar así orientación espacial. Que difícil foi!! Pero o conseguimos, como bós peregrinos!!


Afianzamos o recoñecemento e escritura do noso nome. Cada vez o facemos mellor!


Temos novos xogos na nosa aula:

- O xogo dos peixiños: con este xogo traballamos a coordinación óculo- manual ao mesmo tempo que nos divertimos.
- Xogo dos paxariños: un xogo no que temos que prestar moita atención para facer os paxariños tal cual nos indican as imaxes.



Valores a través dos contos. Neste caso "De que cor é un bico?" Quedáronnos uns bicos moi orixinais!


E por último, pero non menos importante, comezamos coa nosa plantación. Estivemos plantando chícharos e estamos ansiosos por velos crecer, pero xa sabemos que temos que ter paciencia e darlles moito amor...




Que desfrutedes da ponte e descansedes moito. Vémonos o luns!!!












Ningún comentario:

Publicar un comentario