venres, 5 de marzo de 2021

ANIMAIS POLARES EN 6º E.I.

Ola familias! Seguimos traballando os animais polares e divertíndonos con eles. As propostas foron as seguintes:

Debuxamos un pingüín seguindo os pasos.


Completamos as partes do pingüín. Intentamos facelo sen copiar polo modelo!

Unimos cada pingïn coa súa sombra.

Coñecemos as clases de pingüíns que hai. Unimos cada un coa tarxeta do seu nome axudándonos da lámina.Traballamos desta forma a atención e despois escribimos o nome dos que aparecen no folio.

Poñemos tantos pompóns como nos indica o número do pingüín.

Ademais destas propostas fixemos moitas outras actividades como por exemplo:
Pintamos con xeo no patio aproveitando o bo tempo. Primeiro metimos a agua con colorante no conxelador e fixemos hipóteses do que podía pasar! Moitos cando viron o resultado pensaron que eran xeados! Foi unha actividade moi divertida!



Seguimos completando o xardín das decenas! Nesta ocasión tocou o turno das flores do número 20 e 30!
Utilizamos a neve que fixemos a semana pasada e creamos un mini mundo polar na mesa de experimentación! Esta actividade encantoulles.

Seguimos xogando coa ruleta creando palabras.
Disfrutamos dun xogo de mesa do inverno toda a semana.
Xogamos a un xogo de lectoescritura no que tiñan que buscar palabras na lámina en función do número que lles saira no dado!

E para rematar a semana e aproveitando que o mércores foi o día da natureza, fixemos a nosa primeira plantación. Nesta ocasión plantamos canónigos, perexil e chícharos! Ahora solo queda facer un rexistro e esperar a ver que sae!



E ata aquí esta semana!! Que teñades un bo finde familias!

Ningún comentario:

Publicar un comentario